As ferramentas básicas

A Caixa de ferramentas está distribuída segundo as funcións:caixa de ferramentas

  • Ferramentas de selección: estas ferramentas permítennos seleccionar áreas da imaxe para editalas de forma independente.
  • Ferramentas de transformación: empréganse para mover, rotar, escalar, distorsionar unha imaxe ou seleccionala.
  • Ferramentas de pintura: con estas ferramentas poderemos pintar con diferentes pinceis, lapis...; tamén nos permite clonar, escurecer/aclarar, enfocar/desenfocar...
  • Outras Ferramentas: estas son as ferramentas que non podemos englobar en ningún grupo como a pluma, o contagotas, a lupa e o medidor.

Ao longo deste curso veremos como usar algunhas das principais ferramentas. Por outra parte, cada ferramenta ten unha axuda contextual que podemos ver ao pousar o rato sobre a icona.