Bancos de imaxes

Moitas veces precisamos unha imaxe para ilustrar os nosos traballos. Cómpre ter en conta que moitas da imaxes que se atopan na rede están cubertas por unha licencia de Copyright e non podemos utilizalas libremente.

Fronte a estas imaxes con permisos restrinxidos, existen as licenzas Creative Commons. Estas licenzas permiten o uso de imáxes de forma gratuíta pero suxeitas a algunas restricións.

Mentres que Copyright implica 'todos os dereitos reservados', Creative commons quere dicir 'algúns dereitos reservados'. Será nos diferentes formatos de licenzas onde se especifique cales son estes dereitos reservados.

Hai diversos tipos de licenzas Creative Commons, que se poden consultar en http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/

Mais... como podemos atopar imaxes libres ou baixo licenza Creative Commons? Existen varias opcións: