Cambiar a luz e a cor

O GIMP ofrece moitas ferramentas para arranxar as cores e a luz. Loxicamente, é importante identificar previamente os problemas que pode ter unha foto para saber se hai exceso dalgunha cor ou de luz, falta de brillo ou de contraste... Dise que unha foto está queimada cando ten excesiva luz e non se distinguen matices nas zonas máis claras. Unha foto con pouca luz pode non ter suficiente contraste e isto impide distinguir as formas.

Podemos solucionar estes problemas fundamentalmente a través de catro ferramentas:
  • Luminosidade e contraste
  • Niveis de cor
  • Curvas
  • Saturación de cor

bombillaAlgunhas opcións do GIMP fan estas correccións automaticamente. Podes localizalas no menú de Imaxe > Cores > Auto. Se non che gusta o resultado, sempre podes premer en Restablecer ou en Desfacer a acción!