Comezamos a traballar...

Antes de nada, debemos abrir o noso espazo de traballo.

Podemos facer dúas cousas:
  • Traballar sobre unha imaxe que xa existe.
  • Crear nós unha imaxe desde cero.

No primeiro caso, iremos a Ficheiro > Abrir imaxe. Despois, só temos que localizar a imaxe nos nosos cartafoles e premer sobre o seu nome. Esta maneira é útil cando coñeces perfectamente a localización da imaxe.

abrir

No caso de querer crear a túa propia imaxe, debes ir a Ficheiro > Novo. Sairanos unha ventá na que sinalamos a resolución desexada para a nova imaxe.

Agora xa temos tres ventás. Se abrimos máis ficheiros iranse abrindo sucesivas ventás, unha por cada imaxe, debemos ter en conta isto á hora de traballar.

 

bombilla Outra posibilidade que nos permite abrir a imaxe sen ter iniciado o GIMP é situarse directamente enriba da imaxe, premer no botón dereito do rato e elixir Abrir con... > Gimp.
abrir con