Gardar e Gardar como

Cando rematamos de traballar coa imaxe, precisamos gardar os resultados. Temos dúas opcións:

  • Gardala recorrendo ao menú Ficheiro > Gardar.
  • Gardala con outro nome ou formato indo ao menú Ficheiro > Gardar como.
    gardar

No cadro de diálogo, aparecen todas as opcións de formatos en que podemos gardar a nosa imaxe. O formato propio do GIMP é o XCF; este formato salva toda a información da imaxe, por iso é moi útil para gardar resultados que aínda non son os definitivos.

Os ficheiros XCF non poden ser lidos pola maioría doutros programas, así que, se non pensamos volver editar a imaxe no GIMP, teremos que gardala noutro formato como JPEG, PNG, TIFF etc.

gardar areamorta
Imos exemplificalo gardando unha imaxe coa que xa traballamos: