Introducir textos en imaxes

Esta acción pode ter moita rendibilidade para nós pois introducir títulos ou bocadillos de texto é unha necesidade habitual ao traballar con imaxes.

Nesta práctica, imos introducir un bocadillo con texto nunha imaxe. Para iso empregamos a ferramenta de Texto.texto

1. Abrimos a imaxe onde se desexa inserir o texto.
2. Prememos en Selección elíptica e facemos varias seleccións na imaxe. Para que cada selección non elimine a anterior debemos activar a opción Engadir á selección actual nas ferramentas de selección.
seleccion
avestruz_seleccion
3. Coa Lata de pintura, enchemos a selección da cor que eliximos.cubo
4. Para facer o bordo, temos que ir a Editar > Trazar selección. Antes, temos que pór as cores de primeiro plano e de fondo por defecto (negro e branco) cambio cor.
5. No menú emerxente que aparece, eliximos a largura da liña (2 ou 3 px) e dámoslle a Trazo.
seleccion de trazo
6. Agora só temos que inserir o texto. Activamos a ferramenta texto e indicamos na xanela de opcións da ferramenta de texto, as características que desexamos para o texto (fonte, tamaño, cor...).
7. Facemos clic sobre a imaxe na zona onde desexamos engadir o texto. Visualizarase a xanela Editor de texto. Alí é onde escribiremos o texto que queremos introducir. Simultaneamente, irá aparecendo o texto sobre a imaxe.
 
ferramentas de texto
editor de texto

Para rematar, imos ao menú Imaxe > Aplanar a imaxe. E xa está!

Por suposto, tamén podemos introducir texto sen bocadillo.

 avestruz final  ribeira sacra

 

bombillaOutro xeito de sumar seleccións é seleccionando mentres prememos a tecla de Maiúsculas.