Pintar unha imaxe

Outra das posibilidades que nos ofrecen as ferramentas de pintura é a de encher unha área seleccionada cunha cor ou un patrón. Imos facer unha pequena práctica moi sinxela cun conxunto de formas.

Neste caso, empregaremos a Variña máxica varinha para sinalar que partes queremos encher de cor. A súa función é seleccionar zonas continuas ou pechadas. 

1. Prememos coa Variña no interior dunha das figuras para seleccionala. Neste caso, comezamos pola segunda. Veremos como queda marcada cunha liña de puntos. 
2. Eliximos a cor que nos interesa empregar na paleta paleta.
3. Seleccionamos a Lata de pinturacubo e prememos dentro da selección. Encherase de cor a figura.
mostros
mostros cor