Que é o GIMP?

O GIMP 2.6 é unha ferramenta informática que permite o retoque fotográfico ou de imaxes en software libre. De feito, GIMP é un acrónimo de GNU Image Manipulation Program.

Ao ser software libre, calquera persoa pode utilizalo libremente e para calquera cometido sen necesidade de pagar licenzas.

O GIMP é unha boa alternativa a coñecidos programas de retoque de imaxes, como o programa de pago Adobe Photoshop.

 

bombilla O GIMP é multiplataforma. Isto significa que está dispoñible para moitos sistemas operativos. Ademais de estar incluído nas principais distribucións de GNU/Linux, tamén é posible empregalo noutros sistemas como Microsoft Windows ou Mac OS X.