Que imos traballar?

Este curso representa unha achega inicial ás potencialidades do GIMP. Traballaremos varias accións básicas no traballo cotián con imaxes, como arranxar fotografías defectuosas ou deseñar un cartel para unha actividade do noso centro.

Estas son algunhas das accións que imos desenvolver:

  • Debuxar e pintar
  • Recortar a foto
  • Traballar con textos
  • Xirar unha imaxe
  • Cambiar a luz e a cor
  • Aplicar efectos
  • Corrixir imperfeccións
  • Cambiar o tamaño dunha imaxe
  • Facer unha fotomontaxe

Non obstante, podes completar esta achega inicial coa propia experimentación, coa documentación que existe na rede e co apoio da Axuda. A mellor maneira de aprender a usar as ferramentas é experimentando con elas.

Non dubides en probar, sempre existe a opción de desfacer os cambios que non che gusten!