Recortar

Cando facemos unha fotografía, ás veces non conseguimos o mellor encadre. Por outra parte, podemos mellorar unha imaxe recortándoa para que destaquen os elementos importantes.

Nesta práctica, imos traballar cunha imaxe que queremos encadrar mellor:

1. Despois de abrir a imaxe, facemos clic sobre o botón Recortar da Caixa de ferramentas.recortar
2. Poñémonos dentro da imaxe, prememos e arrastramos o rato. Isto estenderá un rectángulo, os elementos que non estean dentro do rectángulo eliminaranse. Darémonos de conta porque a parte rexeitada queda máis escura.
3. Para efectuar o cambio, pulsa Enter ou fai clic no medio do recadro.
O resultado será unha imaxe centrada no que nos interesa. Por suposto, esta función pódese aplicar a calquera imaxe, non só a fotografías.
 

 

 

 
captura barco

barco recortado