Unha ollada ao programa

Chegou o momento de comezar a traballar co GIMP.

A interface do programa está organizada en ventás independentes. Cando abrimos o programa por primeira vez aparecen tres ventás.

interface

A ventá do medio (2), a principal do programa, é a que contén a imaxe na que traballamos. Se non temos ningunha imaxe cargada veremos unha ventá de fondo gris.

Na parte superior contén o menú do programa, alí atoparemos todas as funcións. Moitas destas funcións tamén aparecen nos botóns da Caixa de ferramentas e nos outros bloques do programa.

Outra ventá principal é a Caixa de ferramentas (1); aparece dividida en dúas partes. A superior contén os botóns das ferramentas; na parte inferior aparecen as opcións propias para cada unha das ferramentas que estamos utilizando.

Na ventá complementaria (3), Capas, canles, canles, camiños e desfacer, aparece a nosa imaxe en capas. Todas as imaxes teñen como mínimo unha capa (a que contén a imaxe).

Pero... que son as capas? Estas capas son como follas transparentes ou capas de cebola que se superpoñen e forman a imaxe no seu conxunto. Podemos ter moitas capas dentro dunha imaxe, tantas como precisemos.

Cada capa pódese traballar de forma independente, mover, cortar, modificar... Para isto empregamos esta ventá.

 bombillaNo caso de que pechemos a Caixa de ferramentas ou Capas, canles, camiños e desfacer, e queiramos recuperalas, debemos ir a Ventás > Ancorables pechados recentemente.