Xirar unha imaxe

O GIMP facilítanos corrixir unha foto que non está totalmente recta. edificion inclinadoComo se pode ver facilmente, a foto do exemplo está inclinada. Se precisamos usala para un artigo ou un traballo, poderemos corrixir a inclinación coa ferramenta Rotar.

1. Para usala, simplemente prememos na icona Rotarrotar da Caixa de ferramentas.

2. Clicamos na imaxe. Esta xirará para un lado ou para outro, segundo arrastremos o rato.

Para axustar de forma máis exacta nas horizontais, podemos arrastrar as guías das regras que temos no bordo da imaxe e usalas como referencia. Este paso temos que facelo antes de rotar. 

 


 

Agora coa guía podemos ver se precisamos ou non rotar a imaxe. Tamén existe a posibilidade de especificar os graos que precisamos rotar a nosa imaxe, isto permítenos facer un xiro máis preciso.

captura edificio
 

edificio final

 

 

 

 

bombillaExisten outras ferramentas de transformación que usan a mesma metodoloxía que Rotar: Escalar, Inclinar, Perspectiva e Voltear.