Aplicacións educativas

Todas estas ferramentas que describimos ofrécennos posibilidades interesantes para traballar no ensino.

Por exemplo, a través dos podcasts, podemos publicar e compartir ficheiros de audio.

Que é un podcast?

O podcast é un ficheiro sonoro que podemos entender, en liñas xerais, como un blogue falado. Distribúese mediante un sistema de sindicación que permite subscribirse. Así, podemos descargalo para escoitalo en calquera momento, por exemplo, nun reprodutor portátil.

Esta ferramenta permítenos:

  • Enriquecer contidos curriculares con audio.
  • Traballar vocalización, entoación e expresión oral.
  • Fomentar a percepción auditiva.
  • Crear a nosa propia radio escolar.
  • Apoiar a aprendizaxe en materias de idiomas ou música.
  • Reproducir gravacións de interese para os estudos.
  • Etc.

Podes escoitar bos exemplos da rendibilidade dos podcasts en Podgalego.