As pistas

As pistas (tracks) permiten visualizar as ondas de son. Son ventás independentes que poden eliminarse, mesturarse, silenciarse...

Cada ficheiro de audio que abramos pode conter unha pista (se o son é mono), dúas pistas (se o son é estereo) ou varias pistas (unha para cada instrumento, por exemplo). Os reprodutores de vídeo para o fogar (home cinema) utilizan habitualmente seis pistas para representar distintas frecuencias de audio, é o coñecido 5.1.

Neste caso, temos dúas pistas posto que o son que importamos dos nosos cartafoles é estéreo:

pistas_estereo

etiqueta_pìstasCon independencia do número de pistas coas que traballemos, o resultado final expórtarse como un único ficheiro de audio cando rematamos o traballo de edición.

As pistas conteñen unha etiqueta á esquerda, a regra vertical na parte superior e a visualización do son.

Na etiqueta do lado esquerdo, podemos ver as características do audio (frecuencia e bit rate) así como os controis para o volume e o balance da pista. O balance establece o desprazamento do audio entre a esquerda e a dereita. 

Aquí tamén podemos silenciar a pista no botón Silencio ou apagar as outras premendo no botón , para illala do resto.

Se queremos engadir unha pista nova, debemos escoller no menú Tracks > Add new > Audio Track.