Cambiar o ton

A opción Cambiar o ton converte a nosa onda en tons máis agudos ou máis graves, modificando o timbre da nosa voz.

Ao executar o comando Cambiar ton, aparecerá este cadro de diálogo, onde podes especificar o cambio de ton en notas musicais, en Semitons, en Frecuencias ou en Cambio porcentual:

 

cambiar ton

 

lamp_nota Tanto o ton como o tempo poden sernos de utilidade para crear audios de personaxes fantástico, animais... que teñan un timbre de voz característico. Por exemplo, para representar a voz dun xigante usaremos un tempo lento e un ton grave ao contrario do que faremos para imitar un trasno.