Cortar e pegar

Imos retomar a nosa práctica eliminando un fragmento que non nos interesa. Desde que comezamos a gravar até que se escoita a nosa voz, transcorre demasiado tempo así que unha boa opción é cortar este fragmento. Para iso, levaremos a cabo os seguintes pasos:

1. Comezaremos por ir á barra de ferramentas e alí prememos no botón Seleccionar, que nos permite escoller partes concretas das pistas de audio.

2. Seleccionamos desde o inicio ata o comezo da locución (o espazo de onda sen a nosa voz). 

3. Para eliminar o fragmento seleccionado, escollemos a opción Cortar do menú Editar.

seleccionar_cortar

De igual xeito, tamén podemos copiar un determinado fragmento de son varias veces e pegalo noutra parte da pista ou nunha pista nova.

Antes de facer calquera destas accións, debemos asegurarnos de que está desactivada a opción Ligar pistas. Se non desactivamos esta opción, a operación aplicarase a todas as pistas.

Podemos activalo ou desactivalo no botón Link Tracks (Ligar pistas), tamén podemos ir ao menú Tracks > Link tracks.
link_tracks

Habilitando ou inhabilitando esta función, conseguiremos aplicar as operacións soamente a unha ou ben a todas as pistas, segundo nos interese.