Eliminar ruído

Ao noso ficheiro de son podemos aplicarlle múltiples efectos. Estas posibilidades atopámolas en menú Efectos.

Un dos máis útiles é Eliminación de ruído. Este efecto serve para eliminar os ruídos que se filtraron no momento da gravación; poden ser ruídos de ambiente, producidos polo micrófono ou mesmo polo ordenador.

Se, ao escoitar a nosa pista de voz, comprobamos que hai ruído de fondo podemos eliminalo seguindo estes pasos:

1. Seleccionamos unha zona de silencio da pista de audio onde poida apreciarse o ruído de fondo, antes de que comece a locución.

2. Prememos en Efectos > Eliminación do ruído. Deseguido, ábrese unha ventá onde aparecen dous pasos. O paso 1 advírtenos de que precisamos obter un perfil de ruído para poder eliminalo. Prememos e o programa pechará automaticamente esta ventá, o cal nos permitirá pasar ao paso 2.

 

eliminar ruido

3. Deseguido, imos seleccionar o fragmento de onde queremos eliminar o ruído (neste caso toda a locución).
Imos a Efecto > Eliminación de ruído, outra vez. Alí podemos escoitar o resultado premendo en Previsualización. Convén que probemos a modificar os niveis escoitando como cambia o son ata comprobar que o ruído desaparece.
4. Cando cheguemos a un punto óptimo, prememos en Aceptar.