Ferramentas de audio

Se traballamos habitualmente con ficheiros de audio, probablemente nos xurdan diferentes necesidades dependendo do que queiramos facer: gravar audio, reproducir sons, editar CD de música, etc.

Para todas estas necesidades, temos moitas ferramentas de Software Libre que nos achegan solucións óptimas. Ao longo dos próximos apartados, revisaremos tres delas. Polas súas potencialidades, imos centrarnos, especialmente, na primeira:

  • Audacity: este programa permite gravar, editar, retocar sons... non debemos confundir a reprodución coa edición, xa que esta permite modificar o propio audio e non simplemente escoitalo.
  • VLC: con esta ferramenta, podemos reproducir o noso audio.
  • K3B: é unha aplicación gráfica de gravación de CD/DVD. A través dunha sinxela interface gráfica, K3B permite, entre outras cousas, crear e copiar CD/DVD de audio.