Formatos de audio

Audacity é capaz de traballar con formatos actuais de compresión de audio. Pode importar e exportar arquivos WAV, AIFF, AU, Ogg Vorbis ou MP3 entre outros (para este último será necesario ter o programa Lame ou algún outro codificador de MP31).

O formato propio de Audacity que vai gardar os efectos, os fragmentos e as pistas ten a extensión .aup, incompatible con outros programas. Non obstante, imos ter a posibilidade de exportar nos formatos máis habituais.

En xeral, podemos distinguir dous grandes grupos de formatos: os que permiten reducir o tamaño do ficheiro a cambio de perder certa información do audio e aqueles que conservan toda a calidade do audio e, por tanto, ocupan máis espazo. Normalmente, a perda de datos ten relación directa coa eliminación de frecuencias de audio que non son audibles para as persoas.

No primeiro grupo están os ficheiros con extensión:

.mp3: ofrecen certa calidade e non ocupan un espazo excesivo. Son moi utilizados pero dependen de patentes privadas.

.ogg: teñen boa calidade e poden ocupar pouco espazo. Este é un formato libre de patentes.

.acc: permiten unha maior compresión a cambio dunha perda de datos imperceptibles para o oído humano. Apple popularizou o seu uso nos ficheiros .m4a.

Algúns formatos de audio sen perda son:

.wav: teñen boa calidade pero ocupan moito espazo no disco duro; é moi frecuente en sistemas operativos Windows. Almacena toda a información do audio sen ningún tipo de compresión.
.flac: é un formato de audio que non sofre perda ningunha de calidade.

bombilla1 MP3 non é un formato libre, senón que depende de varias patentes. Lame é un codificador de MP3 en software libre que fai uso dalgunha desas patentes. Desde a mesma páxina de Audacity, podemos descargar Lame, necesario para exportar ficheiros MP3. A alternativa libre ao formato MP3 é o formato OGG.