O contorno de traballo

Agora imos comezar a traballar con Audacity. Ao abrilo, directamente veremos a seguinte interface:

interface_simple

Imos explicar as súas funcionalidades:

  • A Barra de título amosa o nome do programa e o nome do proxecto en que estamos.
  • A Barra de menús ofrécenos todos os comandos do programa.
  • Os Botóns de control permiten reproducir as pistas ou gravar novas pistas.
  • A Barra de ferramentas contén os botóns para funcións básicas: Selección, Envolvente, Debuxar, Zoom, Trasladar e modo Multiferramenta.
  • A Barra de niveis de intensidade mostra graficamente o nivel da pista que se está reproducindo ou gravando.
  • A Barra de mestura permite establecer o nivel de volume (intensidade) de saída (normalmente, os altavoces) e de entrada (o porto de entrada pode elixirse no cadro de lista despregable que hai á dereita).
  • A Barra de edición contén botóns para as operacións de edición máis habituais.
  • A Liña de tempo é a nosa referencia para coñecer a posición ou a duración do son que conteñen as pistas.
  • A Barra de estado ofrece información sobre as accións actuais.