Outros efectos
Existen outros efectos que poden ter interese para nós, tales como:
Normalizar: este efecto acostuma a
aplicarse ao final da gravación, cando xa imos rematar a nosa peza. Ao
normalizar, conseguimos que todas as pistas teñan un volume similar.
Eco: este efecto crea copias do son seleccionado e aplícalle un factor de atenuación, de xeito que o resultado é similar a un eco.
Repetir: repite o son seleccionado o número de veces que indiquemos.
Neste vídeo, explicamos algúns dos efectos de uso máis habitual que vimos de describir: