Para que serve Audacity?

Audacity é un programa potente a través do cal podemos levar a cabo un amplo abano de accións:

  • Gravar locucións (usando un micrófono).
  • Dixitalizar gravacións de cintas de casete, discos de vinilo...
  • Importar e exportar ficheiros WAV, AIFF, AU, Ogg Vorbis, MP3...
  • Editar sons permitindo realizar as tarefas básicas de cortar, pegar e empalmar sons.
  • Mesturar pistas con diferentes frecuencias de mostraxe ou formatos.
  • Aplicar diferentes efectos que permiten alterar o son, eliminar ruídos de fondo, modificar a velocidade e o ton, etc.