Por que Audacity?

Por que traballamos con Audacity?

Existen varias razóns que non deixan lugar á dúbida:

  • É multiplataforma, é dicir, poderemos empregalo con diversos sistemas operativos pois existen versións para Windows, GNU/Linux ou Mac OS X.
  • É moi sinxelo de utilizar. Por outra parte, malia esta facilidade, permite obter uns óptimos resultados na gravación e edición de audio.
  • Permite editar ficheiros na maior parte dos formatos actuais (MP3, Ogg Vorbis, WAV, AIFF...).
  • Pode obterse de balde de xeito completamente legal