Que é Audacity?

 

icona_audacity_grande

Audacity é un programa libre que permite gravar, editar, mesturar, retocar sons... de xeito moi sinxelo.

Á hora de traballar con ficheiros de audio, nalgún momento precisaremos eliminar ruídos de fondo en gravacións, amplificar sons, mesturar dous ou máis ficheiros de audio, aplicarlles diversos efectos, converter gravacións analóxicas a gravacións dixitais, cortar e pegar...

A través dunha variada gama de funcionalidades sinxelas de utilizar, Audacity permitirache levar a cabo estas accións e moitas outras máis que irás descubrindo ao longo desta introdución ao programa.